Jordi Pujol comparece nestes momentos no Parlamento catalán para dar explicacións sobre as irregularidades económicas da súa familia tras 34 anos de desvío de fondos a contas en Andorra

Jordi Pujol comparece nestes momentos no Parlamento catalán para dar explicacións sobre as irregularidades económicas da súa familia tras 34 anos de desvío de fondos a contas en Andorra
A CIG entrega nos xulgados a documentación sobre a muller de Méndez que demostraría que mercou pisos a baixo prezo á Corporación Caixa Galicia antes da fusión das caixas. Piden que "se abra procedemento".
Abren xuízo oral contra o pai, a tía e a avoa da raíña Letizia Ortiz. Están acusados de delitos de insolvencia punible.
A Marea Vermella da ciencia volve saír á rúa contra os recortes. Ao redor de vinte colectivos manifestaranse este venres en Madrid, coincidindo coa Noite dos Investigadores, para defender un modelo de ciencia pública, cunhas condicións laborais dignas e cuxos resultados estean ao servizo da sociedade e non de intereses corporativos
A Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei entregará este venres en Ourense ao redor de dez mil sinaturas en apoio a un uso público e cultural da fortaleza, e rexeitando o proxecto de construción dun hotel de luxo.
A Marea Atlántica supera o obxectivo das 2.500 sinaturas e seguirá adiante no seu proceso de confluencia de cara a unha candidatura unitaria cidadá para as municipais de 2015. Máis información, hoxe en Praza.
O PSOE medita agora apoiar a Juncker e Cañete e non descarta votar a prol da nova Comisión Europea, segundo adianta El Mundo.
O Sergas prolonga sen data o peche dun milleiro de camas hospitalarias. Sanidade comprometérase a reabrilas ao finalizar setembro.
Rajoy desfaise da lei do aborto e encárgalla ao grupo parlamentario do PP. Buscará o consenso cos outros partidos para endurecer as interrupcións do embarazo no caso das menores.
Xunta e Goberno central devolverán o 25% da extra a uns 123.000 funcionarios. O Executivo central a final de ano e o galego, entre 201 e 2016.