O socialismo portugués elixe candidato para as lexislativas. Será o primeiro proceso de primarias a nivel nacional dun partido de Portugal.
Fálase
Rajoy nomea a Sáenz de Santamaría "responsable da bandeira e símbolos nacionais". A vicepresidenta será quen vixíe posibles incumprimentos no uso de símbolos durante o proceso soberanista.
O Lugo vence 4-3 o Osasuna nun emocionante partido no Anxo Carro. O equipo lucense remontou en dúas ocasións para gañar cun tanto no último minuto do encontro.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto concéntrase mañá en varias cidades galegas para celebrar a retirada do ante proxecto de Gallardón, reclamar os dereitos sexuais e reprodutivos e pedir a retirada do recurso constitucional á norma vixente no Constitucional. As manifestacións serán en Compostela, na Coruña, Vigo, Ourense e Lugo.
Pachi Vázquez pugnará por ser o candidato do PSdeG á alcaldía de Ourense. Veno de anunciar nun acto, no que asegurou que se presentará ás primarias.
España ocultou a Europa a súa decisión de impoñer a taxa Google. A Comisión podería paralizar agora a lei estatal.
Atraca en Vigo o cruceiro máis grande do mundo. Oasis of the Seas botou o áncora no porto vigués ás sete desta mañá.
O Celta vence en Elche (0-1) cun gol de Nolito nos últimos minutos e mantén a súa boa xeira tras un partido igualado.
Un Jordi Pujol desafiante preséntase ante o Parlament como unha vítima e nega que os cartos que a súa familia mantiña ocultos no estranxeiro tivesen como orixe a corrupción ou o cobro de comisión por parte dos seus gobernos. Os deputados das CUP abandonaron a comisión ante a negativa de Pujol a contestar claramente ás preguntas dos grupos parlamentarios.
O Goberno obvia as dúbidas sobre a recuperación cuns orzamentos propios de ano electoral. Prevé un crecemento da economía do 2% o vindeiro ano e afasta as opcións dunha terceira crise nos países do euro.