Pachi Vázquez tamén estrea imaxe de cara ao Congreso do PSdeG. Faino co lema 'Galicia, o noso partido'
Pachi Vázquez tamén estrea imaxe de cara ao Congreso do PSdeG. Faino co lema 'Galicia, o noso partido'
O Consejo de Estado gastará 20.000 euros en sacar unhas fotos aos membros do seu consello permanente. Así consta na plataforma de contratación do Estado. Son 18.000 euros máis IVE. O link á resolución do contrato, negociado e sen publicidade
A candidatura de Elena Espinosa á secretaría xeral do PSdeG estrea perfil en Twitter, @ConEspinosa
O BNG presenta unha proposición de lei "alternativa" ao paquete de recortes aos funcionarios para aforrar 100 millóns de euros. Os detalles, esta tarde en Praza Pública.
A exministra de Economía, a galega Elena Salgado, xa ten traballo. Endesa vén de anunciar que a contrata para facerse cargo da filial que a enerxética (que presidiu o aspirante a ocupar o seu posto en 2008, Manuel Pizarro) ten en Chile. A información completa, en Expansión
Amazings.es presenta os candidatos do mes de febreiro aos Premios Tesla de divulgación científica: Os erros de Gaia: cando a biosfera meteu a pata, O gardián da lonxevidade celular e Soldados de seis patas: os insectos como armas de guerra, terror e tortura.
'Stop Deshaucios Compostela' volverá a concentrarse este mediodía contra o embargo da vivenda de Sandra, unha muller de 23 anos cun irmán e a súa nai ao seu cargo. Os seus ingresos non son suficientes "para pagar as cotas da hipoteca que lle concederon aos 18 anos cando non contaba" con ningunha remuneración fixa. O acto será ás 12:00 horas na sucursal de Novagalicia Banco na Praza de Galicia. A foto é de Jorge M. de la Calle
The Guardian recupera o conto dos tres porquiños para promocionar o xornalismo cidadán
A Xunta de Galicia (Subdelegación da Coruña) pon unha multa ao empresario Luis Federico Cebrián Mozo "en materia de espectáculos taurinos". O DOG non especifica o motivo do expediente sancionador, pero o Goberno galego declárase competente para tramitalo co artigo 24.2 da Lei 10/1991 "sobre potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos". A multa é de 300 euros. Cebrián Mozo é un gandeiro de Mayorga del Campo, Valladolid
Antoni Domènech, G. Buster e Daniel Raventós analizan en Sinpermiso o escenario político despois da maioría absoluta de Rajoy. Afiman que "A reconstrucción política da esquerda, o desenvolvementos dunha alternativa que non sexa o calexón sen saída dunha mera alternancia na aplicación dos planes de axuste neoliberal depende hoxe ante todo dunha resistencia social firme, sen medias tintas, unitaria, ás contrarreformas do Goberno do PP. Por iso é tan importante que teña éxito a folga xeral do 29 de marzo"