Galicia será no 2050 a décima rexión da UE cunha maior taxa de dependencia, é dicir, cun menor número de persoas activas en relación coas maiores de 65 anos.
Fálase
As entidades bancarias inscriben uns 3.000 inmobles no censo de vivendas baleiras da Xunta. Só están obrigadas a facelo nos concellos de máis de dez mil habitantes.
El Diario analiza o "desafío" de Rita Barberá a Rajoy, nun momento moi delicado para o candidato do PP á investidura
Barberá adiántalle a La Razón que se dá de baixa no PP, pero segue no Senado. A ex-alcaldesa de Valencia vai ser investigada -antiga imputación- por presunto branqueamento de capitais.
Entra en vigor a ordenanza de uso do galego na Deputación de Lugo, a primeira das institucións provinciais galegas en contar con esta regulamentación. A normativa, que fixa a lingua galega como a oficial para as comunicacións cotiás da entidade, foi aprobada o pasado xuño co voto a prol de todos os deputados agás o non adscrito Manuel Martínez.
Arquivada definitivamente a causa por enaltecemento do terrorismo contra os monicrequeiros de Madrid. Cóntao eldiario.es
VÍDEO O galego, un dos case 20 idiomas empregados polo Concello de Londres na súa campaña para atraer investimentos e visitantes, London is open que enxalza o caracter "aberto" da capital británica por iniciativa do seu acalde, Sadiq Khan. Unha moza emprega a lingua galega no segundo 25 do anuncio.
Este martes botou a andar o programa Coruña Dixital, que busca facilitar a conexión entre persoas interesadas na cultura dixital, o uso creativo da tecnoloxía e o emprendemento sustentable de proxectos innovadores,
Unha campaña online recolle sinaturas para protexer o Parque do Pasatempo, en Betanzos. O Concello solicitou ante a Xunta, sen éxito, a declaración BIC para este singural espazo.
Investidores chineses e norteamericanos, interesados en facerse co paquete accionarial maioritario do Celta, en mans de Carlos Mouriño