O Tribunal Constitucional admite un recurso do PSOE contra a amnistía fiscal. Cóntao Público.
Fálase
Os traballadores do Instituto de Investigación Mariñas de Vigo, pertencente ao CSIC, maniféstanse contra os recortes que afectan gravemente a maior institución investigadora do Estado.
#consellodaxunta A Xunta aplicará o recorte no salario do seu persoal nunha reunión extraordinaria que se celebrará este venres
#consellodaxunta Alfonso Rueda, que hoxe presidiu o Consello da Xunta, confirma a aplicación do Real Decreto-lei de recortes tamén nos salarios dos membros do Goberno galego, coa retirada da parte proporcional a unha paga extra. Rueda insiste en culpar dos recortes ao Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
#consellodaxunta A Xunta ratifica que a empresa Tragsa xestionará o reforzo de verán do dispositivo de loita contra incendios. É un investimento de 10 millóns de euros. Os representantes do persoal rexeitan esta fórmula de contratación.
Persoal de San Caetano corta a Avenida de Lugo, a carón da sede da Xunta, en protesta polos recortes
Francisco Jorquera pide ao Goberno que convoque un referendo ou que "disolva o Parlamento e devola a soberanía aos cidadáns" durante o pleno no Congreso no que se aprobará o último paquete de recortes do Executivo.
O BNG denuncia que a canle 24 Horas interrompeu a súa emisión do pleno no Congreso xusto cando ía intervir Francisco Jorquera, cuxas palabras non se puideron escoitar en directo.
Os sindicatos nacionalistas convocan unha folga xeral para o vindeiro 26 de setembro en Euskadi e Navarra. Oito sindicatos e máis de cen colectivos sociais apostan por un paro total "en Euskal Herria". Imaxe de @gorkaquevedobar
A prima de risco sobe por riba dos 580 puntos e o interese supera o 7% logo da subasta, na que o Tesouro colocou 2.981 millóns de débeda, aínda que volvendo subir os tipos.