A CIG realizou hoxe unha concentración e unha asemblea de profesorado substituto para analizar a supresión de contrato de verán a estes mestres.
Fálase
O Códice Calixtino vén de ser atopado nun garaxe do Milladoiro, preto de Santiago, segundo vén de adiantar a Radio Galega.
Eldiario.es amosa o auto da Audiencia Nacional sobre o caso Bankia, que inclúe a imputación a Rato e Acebes, e convida a comentalo no seu blog Zona Crítica. #AutoBankia
O Parlamento Europeo rexeita o ACTA por unha amplísima maioría: 478 votos contra 39. O Acordo Comercial Antifalsificación, que de entrar en vigor podería poñer en risco a privacidade dos usuarios de Internet, fora aprobado individualmente por 22 dos 27 países da UE, pero o rexeitamento da cámara de representantes déixao sen posibilidades de ser aplicado na Unión. Máis información, nun anaco en Praza.
O PP dedícalle á oposición parlamentaria unha páxina do seu último boletín mensual. Acusa ao BNG de ser "máis radical ca nunca" e diagnostica unha "guerra civil" no seo do PSdeG.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, será unha das observadoras do Parlamento Europeo nas eleccións de Timor Leste, o vindeiro día 7.
Rafa Merino recompila no seu blog a xestación do bulo da inexistente doazón da prima do futbolista Andrés Iniesta por gañar a Eurocopa, xurdido en Twitter.
O xuíz cita a declarar, entre outros, a Rato, Olivas (ex presidente de Bancaja) e Acebes como imputados polo caso Bankia, admitindo a trámite a querela presentada pola Fiscalía Anticorrupción e UPyD contra 33 ex membros do Consello de Administración do banco
O xornal La Información peneira un discurso do Nobel de Economía Paul Krugman á procura das súas mensaxes menos apocalípticas.
O Parlamento catalán aborda o terceiro gran recorte do Goberno de Artur Mas. Vilaweb recompila todas as retalladas do gabinete de CiU.