Canal Plus Francia emitirá unha dura reportaxe sobre a monarquía española na que fala do "ocaso" do rei e das súas infidelidades e na que cualifica os príncipes de "maniquís novos e guapos"
Fálase
Pais denuncian que o copago do comedor deixa nenos sen xantar. Fillos de parados que acaban de quedar sen traballo teñen que pagar tamén a comida.
O Santiago Futsal cae ante o Inter Movistar (4-1) na décima xornada da Primeira División de fútbol sala. O Azkar Lugo xoga esta tarde, mentres que o Burela descansa esta fin de semana.
O Básquet Coruña acada a súa cuarta vitoria na LEB Ouro tras vencer o Lleida (82-71). COB Ourense e Breogán enfróntanse esta tarde noutro derbi galego da categoría.
O Concello garante solo a Porto Cabral aínda que os comuneiros rexeiten a oferta. A tan só unhas horas de que a comunidade de montes decida en votación se acepta o acordo con Eurofund, a administración local deixa clara a súa postura.
Baróns do PSOE negocian en secreto forzar un calendario de primarias. A Conferencia Política da formación comeza este sábado en Madrid.
Feijóo eloxia aos "moderados silenciosos" que se "manifestan" sen "barullo". Fíxoo durante a entrega do premio xornalístico Puro Cora, de El Progreso, onde definiu os medios como "despositarios do que somos".
Canal 9 rexistra o seu persoal para evitar que saia da súa sede información que podería resultar comprometida para o Goberno valenciano. Cóntao El Diario
O Celta enfrontarase ao Athletic de Bilbao nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. O primeiro partido celebrarase en Balaídos e o de volta en San Mamés.
Unha asociación de distribuidores de electrodomésticos premia a política anti incendios da Xunta nun acto no que a conselleira do Medio Rural compartiu escenario co adestrador de fútbol Jorge Valdano.