Canal 9 rexistra o seu persoal para evitar que saia da súa sede información que podería resultar comprometida para o Goberno valenciano. Cóntao El Diario
Fálase
O Celta enfrontarase ao Athletic de Bilbao nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. O primeiro partido celebrarase en Balaídos e o de volta en San Mamés.
Unha asociación de distribuidores de electrodomésticos premia a política anti incendios da Xunta nun acto no que a conselleira do Medio Rural compartiu escenario co adestrador de fútbol Jorge Valdano.
UPyD pide que se paralice o AVE a Galicia. "Trátanlles de vender aos galegos a chegada do AVE como o paso da idade de pedra á era especial, pero estanos enganando", di a formación de Rosa Díez.
Feijóo asegura que Aznar "foi o mellor presidente" de España e presume de TVG nunha entrevista en Antena 3. O presidente da Xunta censura o proceso soberanista catalán e asegura que "o Estado é o único que axuda alí". "Cataluña, Valencia e Galicia somos parte da mesma nación", di.
Multinacionais entran na poxa por reactivar a Fábrica de Armas da Coruña. Os traballadores continúan co peche nas instalacións da factoría.
España marea durante días a orde de detención dos torturadores franquistas e volve poñer atrancos para xulgar a ditadura, tal e como denunciara en Praza un dos avogados da querela en Arxentina.
A UE ameaza con retirar as axudas de cohesión se España non controla o déficit. Bruxelas podería suspender os fondos que recibe Galicia se o Estado non cumpre cos axustes.
O PP gañaría as eleccións con 4,4 puntos de vantaxe sobre o PSOE, segundo unha enquisa da Cadena Ser na que o 40% dos españois se declara socialdemócrata. Outro inquérito asegura que os populares perderían a Generalitat valenciana.
O PSOE propón eximir do IRPF a parados e mileuristas con fillos. A medida beneficiaría a cinco millóns de persoas e costaría 5.000 millóns de euros.