Multinacionais entran na poxa por reactivar a Fábrica de Armas da Coruña. Os traballadores continúan co peche nas instalacións da factoría.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/527c9ebf4f81f-multinacionales-entran.jpg)
Multinacionais entran na poxa por reactivar a Fábrica de Armas da Coruña. Os traballadores continúan co peche nas instalacións da factoría.
España marea durante días a orde de detención dos torturadores franquistas e volve poñer atrancos para xulgar a ditadura, tal e como denunciara en Praza un dos avogados da querela en Arxentina.
A UE ameaza con retirar as axudas de cohesión se España non controla o déficit. Bruxelas podería suspender os fondos que recibe Galicia se o Estado non cumpre cos axustes.
O PP gañaría as eleccións con 4,4 puntos de vantaxe sobre o PSOE, segundo unha enquisa da Cadena Ser na que o 40% dos españois se declara socialdemócrata. Outro inquérito asegura que os populares perderían a Generalitat valenciana.
O PSOE propón eximir do IRPF a parados e mileuristas con fillos. A medida beneficiaría a cinco millóns de persoas e costaría 5.000 millóns de euros.
Denunciados varios militantes de Galiza Nova por unha protesta ante a conselleira de Traballo. A Garda Civil retivo, identificou e denunciou varios mozos por "alteración da orde pública".
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, afirma que Edgewater, promotora da mina de Corcoesto "ten tempo de presentar un novo proxecto", despois de que a proposta inicial non cumprise os requisitos mediambientais e financeiros. E salienta que a Xunta "apoiará" estes proxectos se cumpren coa lexislación.
Núñez Feijoo sinala que a Xunta volverá concertar con centros que segregan por sexo. O PP aceptou unha emenda de UPN no Senado e a Lomce resarcirá os colexios segregadores aos que se lles denegou o concerto en virtude de numerosas sentenzas xudiciais neste senso.
O Goberno valenciano tenta retomar o control de Canal 9 cun decreto lei no que argumenta a necesidade de devolver a "normalidade ao servizo público" que pretende pechar. En El Diario
O Consello da Cultura acolle as xornadas A modelización da terra en Galicia, coordinadas pola matemática Elena Vázquez, que define o seu oficio como "facerlle unha foto á realidade cunha cámara que precisa información interdisciplinar"