A Mesa do Congreso veta unha pregunta de Gaspar Llamazares (IU) por citar unha frase humorística de Gila. A pregunta do deputado versaba sobre un submarino encargado pola Armada Española a Navantia e que, polo seu excesivo peso, podería ter problemas para emerxer. Cóntao El País.
Fálase
Brasil legaliza o matrimonio homosexual. O Consello Nacional de Xustiza aproba unha resolución que, na práctica, permite o casamento de persoas do mesmo sexo
A Xunta traslada a este xoves o seu acto institucional polo Día das Letras. Celebrarase ás 18:00 de mañá no Salón Teatro de Compostela.
A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) denuncia que o músico Willie Nile foi traducido do inglés para o castelán na TVG. A AGPTI solicítalle á CRTVG "que estea á altura do que, como espectadores e por lei, cabe agardar dela"
O conselleiro de Educación define a súa política lingüística como "moderna e sen complexos" en resposta ao BNG, que o vén de instar a aplicar o Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade en 2004
A SGAE destitúe a Juan Carlos Fasero, o seu representante en Galicia. O ex director de Agadic prepara unha solicitude de "mediación e arbitraxe".
Feijóo ratifica que ten a "aspiración" de que o papa Francisco visite Santiago de Compostela. Sería a "guinda" ao aniversario da peregrinaxe de Francisco de Asís a Compostela, di. A conmemoración foi declarada acontecemento de especial interese público pola Xunta.
Homenaxes a Roberto Vidal Bolaño hai moitas esta semana. Pero poucas tan doces coma a que lle fan na Panaderia San Jose, en Cacheiras.
O escándalo polas fotos de Feijoo co narco Marcial Dorado continúa dando que falar no Parlamento e tamén alimentando numerosas chanzas e fotomontaxes. Este xoves Os da Ría ofrecen un concerto en Compostela polo Día das Letras Galegueiras e as imaxes no iate tamén están presentes
Traballadores da Fábrica de Armas e a Xunta traballan nun plan industrial centrado en mecanizados para tratar de evitar o peche da factoría.