A Marcha Mundial das Mulleres, que tamén participará este domingo na manifestación convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, convocou igualmente para este sábado ás 20 horas en Vigo unha marcha baixo o lema O noso corpo, os nosos dereitos. Así mesmo, tanto BNG coma CC.OO. realizaron esta mañá actos reivindicativos en Compostela con motivo do 8 de marzo.
Fálase
A rede social galega Vituin volve á rede cun novo deseño. "Tentamos de encher un oco e un baleiro nun país orfo dunha grande rede social de seu", destacanos seus responsables.
"Que tiña de malo querer ser o Sanxenxo do norte?", pregúntase o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, nunha entrevista que este sábado publica La Voz de Galicia.
A presidenta do comité de empresa da fábrica de Sargadelos en Cervo, Rogelia Mariña, afirma que a compañía, cuxa dirección anunciou a entrada voluntaria en concurso de acredores, ten que "adaptarse aos tempos". "Creo que a marca Sargadelos é moita marca e se non saímos será porque non a souberon sacar adiante", dixo
Os traballadores da cafetería da estación de autobuses de Compostela levantan o peche que mantiveron nos últimos 25 días, despois de acordar co Concello e coa empresa municipal TUSSA a garantía da continuidade dos seus contratos.
Este xoves fallouse o II premio de poesía Manuel Lueiro Rey, no que resultou gañadora Eli Ríos. O xurado estivo formado por Carmen Carreiro, presidenta da Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe, Luís Cochón, Mercedes Queixas e Armando Requeixo. O premio entregarase o vindeiro 27 de abril en Fornelos de Montes.
Bono intervén no cumio do Partido Popular Europeo e pide unha campaña da UE para apoiar a España. O líder de U2 foi a estrela do cónclave da dereita europea en Dublín ante Rajoy e Angela Merkel.
Edwy Plenel e Mediapart, eldiario.es, Lydia Cacho, The Guardian e os xornalistas secuestrados en Siria, candidatos ao X Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que convocan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social la Caixa
O Deportivo alcanza un acordo con Facenda sobre a débeda e afasta a ameaza de liquidación. O club coruñés busca agora un pacto coas entidades bancarias para establecer un calendario definitivo de pagos.
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña (MUNCYT), nominado a mellor museo europeo de 2014 polo European Museum Forum, organización dependente do Consello de Europa.