'Dorribo, o campión esquecido'. José Manuel Freire traza en El Progreso un perfil do presunto líder da trama Campeón que, lembra, chegou a ser "idolatrado" por boa parte da sociedade lucense.
Fálase
Medra a emigración laboral en Galicia: Marchan 50.000 persoas e veñen 27.500, segundo datos que debulla Faro de Vigo
AXENDA DE CAMPAÑA - 20 DE XUÑO
- PP: Feijóo participa nun almorzo informativo con Baltar e á tarde ofrece un mitin co ministro de Sanidade en Santiago.
- En Marea: A coalición celebra un acto sobre parques de bombeiros públicos á mañá e celebra ás 20:00 mitin na Estrada.
- PSdeG: Leiceaga fai campaña na Coruña e remata o día cun mitin no anfiteatro dos Condes, en Monforte.
- BNG: Pontón visita Pontevedra pola mañá e ás 20:00 participa no mitin central de Ferrol, na Praza do Inferniño.
- Ciudadanos: Albert Rivera visita o porto de Vigo este mediodía.
Mariña Patrimonio, Cultura do País e ADEGA levaron a cabo unha plantación simbólica de eucaliptos na muralla de Lugo para denunciar os danos que a industria madeireira provoca no patrimonio arqueolóxico.
Ana Pontón pediu dende Composrela o voto para o BNG, subliñando que ten "as mans libres para defender Galicia os 365 días do ano". Defendeu o "dobre valor" da papeleta á formación nacionalista: "somos garantía de cambio e de defensa deste país.
O eurodeputado Javier Nart acompañou en Sanxenxo a campaña dos candidatos galegos de Ciudadanos. Asegura que o seu partido non chegará a acordos con Podemos, que ten -dixo- "propostas imposibles"
Forzas turcas matan cando menos oito refuxiados e refuxiadas sirias que tentaban cruzar a fronteira entre os dous países. Entre os falecidos e falecidas hai catro mulleres e tres nenos. A maioría pertencía a unha mesma familia. Segundo o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos, son xa ao redor de 60 as mortes provocadas polos gardas turcos nesta fronteira.
Vigo, A Coruña, Compostela, Pontevedra e Ferrol acollen na mañá deste domingo manifestacións contra a guerra e polo dereito de asilo, coincidindo co Día Mundial das persoas refuxiadas. En Lugo a cita será esta tarde e en Ourense, mañá luns.
A piques de comezar o mitin de En Marea na Coruña, no que participarán Errejón, Oltra ou Garzón, ademais dos candidatos e candidatas galegas. Pódese seguir en streaming aquí. Toda a información, este mediodía en Praza.
A secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores de Cospedal, carga en Ribadeo contra Ciudadanos, un voto que -dixo- "só serve para que "goberne o PSOE con Podemos". "Ti mercas a gravata regálanche a coleta", engadiu nun acto que compartiu con Alberto Núñez Feijóo