Vén de saír o gordo, o número 13.437, moi repartido como case todos os premios deste ano da Lotaría de Nadal. Entre outras localidades, foi vendido na Coruña, en Lugo e en Carballo. Tamén houbo premios para Pontevedra, Santiago, Carballo, Vigo, Sarria, Tomiño, Lourenzá ou Quiroga, que venderon parte dun cuarto, e para As Pontes, Cambados, A Estrada, Becerreá, Ponteareas ou Cee, que repartiron parte dun segundo
Fálase
Galicia é, xunto con Cantabria, a comunidade autónoma cunha menor porcentaxe de alcaldesas, por debaixo do dez por cento (un total de 31), fronte a unha media no conxunto de España do 17%.
A infanta Cristina sentará no banco dos acusados polo caso Nóos. Será xulgada por presunta cooperadora en dous delitos fiscais.
O Parlamento grego votará este martes de novo para elixir presidente, despois de que o pasado día 17 ningún candidato acadase os votos suficientes. Se nesta ocasión e nunha terceira votación -o día 29- tampouco hai maioría, convocaríanse eleccións anticipadas, nas que Syriza é favorito.
Ao redor de 250 persoas, acompañadas polos seus animais, concentráronse este domingo na Coruña en protesta pola xestión e os sacrificios do canil municipal e en apoio ás persoas denunciadas pola empresa Servigal.
Este luns e martes celébrase a nova poxa de interrumpibilidade eléctrica para grandes consumidores, á que pode optar Alcoa
En breve comezará o Sorteo de Nadal da Lotaría, que repartirá 2.240 millóns en premios.
Wikileaks publica a guía que, aseguran, serviu a axentes da CIA para infiltrarse na Unión Europea burlando controis fronteirizos
Pablo Iglesias defende en Barcelona o "dereito a decidilo todo", reitera que non lle "gustaría" a independencia de Catalunya e critica a "política de elevar muros" e mais a aperta de David Fernández, da CUP, con Artur Mas na xornada do 9-N. Crónica do acto en El Diario e mitin íntegro, no YouTube de Podemos
O Deportivo perde por 3 goles a 0 ante o Villareal