O Somozas fai historia na 2ªB tras gañar ao Murcia logo de remontar un resultado adverso (2-1). O Compostela venceu o Astorga (2-0) e o Coruxo ao Valladolid B (2-1), mentres que o Racing de Ferrol caeu en León ante a Cultural (2-1).

O Somozas fai historia na 2ªB tras gañar ao Murcia logo de remontar un resultado adverso (2-1). O Compostela venceu o Astorga (2-0) e o Coruxo ao Valladolid B (2-1), mentres que o Racing de Ferrol caeu en León ante a Cultural (2-1).
Louzán consolida a dedo os empregos dos seus fieis na Deputación a poucas semanas das eleccións. O proceso de promoción interna remata coa desginación a dedo de sete xefes de servizo.
O polémico barco da rotonda de Coia loce xa a iluminación e adornos, coas que o Concello di querer homenaxear "a xente do mar".
As empresas do Ibex 35 gañan un 37% máis mentres reducen o soldo dos seus empregados un 1,5%. A remuneración dos consellos de administración incrementouse case un 30%.
O BNG prepara os seus candidatos para "cambiar as prioridades" desde os concellos, que deben ser "as persoas e o pobo galego".
O PP apoia a continuidade de Ence na ría pero esixe a creación de empregos. O candidato popular á alcaldía de Pontevedra cre que manter a celulosa é "un exercicio de responsabilidade".
Máis de 70.000 galegos traballaron durante o ano pasado na economía paralela. A EPA cifra o número de ocupados en Galicia nun millón pero os afiliados á Seguridade Social sitúase nos 926.500.
A CRTVG presume de neutralidade fronte ás canles privadas. Sánchez Izquierdo asegura que "non existe nos informativos públicos galegos ningún sesgo para protexer unha formación política e prexudicar outra".
O voceiro adxunto do PP no Congreso celebra o cesamento da corresponente de TVE en Xerusalén e asegura que "semellaba unha activista de Hamas". Yolanda Álvarez foi galardoada hai escasos meses polo seu labor profesional en Gaza.
David Cal ratifica a súa retirada nunha rolda de prensa en Cangas do Morrazo que recolle Faro de Vigo