O polémico barco da rotonda de Coia loce xa a iluminación e adornos, coas que o Concello di querer homenaxear "a xente do mar".

O polémico barco da rotonda de Coia loce xa a iluminación e adornos, coas que o Concello di querer homenaxear "a xente do mar".
As empresas do Ibex 35 gañan un 37% máis mentres reducen o soldo dos seus empregados un 1,5%. A remuneración dos consellos de administración incrementouse case un 30%.
O BNG prepara os seus candidatos para "cambiar as prioridades" desde os concellos, que deben ser "as persoas e o pobo galego".
O PP apoia a continuidade de Ence na ría pero esixe a creación de empregos. O candidato popular á alcaldía de Pontevedra cre que manter a celulosa é "un exercicio de responsabilidade".
Máis de 70.000 galegos traballaron durante o ano pasado na economía paralela. A EPA cifra o número de ocupados en Galicia nun millón pero os afiliados á Seguridade Social sitúase nos 926.500.
A CRTVG presume de neutralidade fronte ás canles privadas. Sánchez Izquierdo asegura que "non existe nos informativos públicos galegos ningún sesgo para protexer unha formación política e prexudicar outra".
O voceiro adxunto do PP no Congreso celebra o cesamento da corresponente de TVE en Xerusalén e asegura que "semellaba unha activista de Hamas". Yolanda Álvarez foi galardoada hai escasos meses polo seu labor profesional en Gaza.
David Cal ratifica a súa retirada nunha rolda de prensa en Cangas do Morrazo que recolle Faro de Vigo
#CMin Galicia incumpre por dúas centésimas o obxectivo de déficit para 2014, segundo os datos publicados polo Goberno central. Estaba fixado no 1% do PIB e rematou no 1,02. Navarra e Canarias ficaron por baixo do obxectivo e Euskadi, xusto no 1%.
Susan George falou onte en Vigo sobre "Os perigos do TTIP" ante un ateigado auditorio, no marco das xornadas Recuperar soberanía, desarmar o TTIP. O vindeiro 18 de abril a cidade acollerá unha manifestación contra o tratado, organizada por varias organizacións, baixo o lema "As persoas e o Planeta antes que o capital"