A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade sae "decepcionada" da xuntanza coa conselleira de Sanidade e anuncia que "a batalla social non se deterá". O alcalde de Riotorto considera "previsible" a negativa da Xunta a dar marcha atrás no copago farmacéutico e cre que o Goberno galego volve demostrar "que o que menos lle importa son as persoas”.
Fálase
A Xustiza condena o Concello da Coruña por vulnerar os dereitos fundamentais do voceiro do BNG ao impedirlle o acceso ás auditorías da planta de tratamento de lixo de Nostián.
A Xunta di agora que perdeu parte dos contratos de Marcial Dorado nunha inundación. A información, esta tarde en Praza.
Máis de 2.000 operarios de Navantia saen á rúa en Ferrol, cortan a autoestrada e volven reclamar carga de traballo logo de que se confirmase que a empresa estatal perdeu un contrato de gaseiros. Imaxe de @AlvaroSeco.
Aznar cre que a sentenza do Prestige demostra "a manipulación xigantesca" e o "radicalismo lamentable" da oposición naqueles días. O ex presidente do Goberno cre que a xestión da catástrofe "foi razonablemente boa".
TVE mantén sen emitir un filme sobre a conspiración contra a II República que financiou a propia canle estatal. O equipo da película, que inaugurou o Festival de Ourense, mantén que están a sufrir "censura" cunha escusa económica. En El País
Volkswagen e BMW invisten máis en I+D que toda España, 13.467 millóns de euros fronte aos 13.391 millóns do conxunto do gasto en investigación pública e privada do conxunto do Estado.
Médicos del Mundo lanza unha campaña titulada Con el culo al aire, contra os recortes en Sanidade, baseada en performances nas que actores e actrices piden axuda para pagar os seus tratamentos.
Case a metade dos españois suspendería a autonomía catalá se hai consulta unilateral de independencia, segundo unha enquisa de El Mundo. Un 60% cre que non se debería autorizar o referendo.
A nova Lei de Seguridade Cidadá prevé multas de ata 600.000 euros por convocar en Twitter unha protesta ante o Congreso ou 30.000 por "coaccionar" a Policía. En El Diario