Activistas da PAH ocupan a sede do banco malo. A entrada na sede do Sareb coincide coa absolución de trece persoas que foron xulgadas esta mañá por un peche nunha sucursal do BBVA para paralizar varios desafiuzamentos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/514b04543ea66-activistas-dentro-banco-twitter-asammajadahonda_ediima20130321_0338_4.jpg)
Activistas da PAH ocupan a sede do banco malo. A entrada na sede do Sareb coincide coa absolución de trece persoas que foron xulgadas esta mañá por un peche nunha sucursal do BBVA para paralizar varios desafiuzamentos.
#consellodaxunta O presidente da Xunta reitera o afirmado pola voceira do seu partido e asegura que as autonomías que non cumpren co obxectivo de déficit que marca o Estado "están como Chipre".
#consellodaxunta Feijóo evita aclarar se ve necesario que dimita o o concelleiro de Santiago investigado no caso das presuntas facturas falsas
#consellodaxunta Feijóo advirte os afectados polas preferentes de que "en Galicia non caben actos violentos" e asegura que "o único aliado que teñen é a Xunta".
#consellodaxunta O Consello aproba a estrutura da área de xestión integrada do Sergas na provincia de Lugo. Feijóo asegura que "continúan a área da Mariña, de Lugo e de Monforte", pero "coordinadas".
O presidente de Navantia descarta, nunha entrevista en ABC, a construción do dique flotante en Navantia Ferrol. José Manuel Revuelta di que "non é viable".
A Xunta de Persoal da Area Sanitaria Norte de Lugo decide por unanimidade á adhesión á manifestación Abraza o teu hospital, que terá lugar este sábado día 23 as 12.30 horas no Hospital da Costa de Burela.
As protestas polas preferentes obrigan a suspender o pleno no Concello de Mos. Os afectados anuncian que as protestas seguirán noutros consistorios.
A Xunta vén de vender a través dunha poxa un piso da súa propiedade en Madrid. O inmoble foi adxudicado por algo máis de 185.000 euros.
YouTube chega aos 1.000 millóns de usuarios únicos mensuais; o que quere dicir que ao redor da metade dos usuarios de Internet entra para ver algún vídeo cada mes.