A bandeira da UE ondeará a media hasta no Pazo de Raxoi durante un mes polo trato ás persoas refuxiadas. Foi un dos acordos unánimes do pleno do Concello de Santiago celebrado este xoves, co que a capital galega se une aos concellos que acordaron xestos simbólicos neste ámbito.
