O recital Tasca e Literatura, que todos os anos organiza no Carballiño a Agrupación Cultural Avantar, trasládase esta semana a Ourense. Este venres o Café Cultural Auriense presentará as voces de nove poetas, encabezados por O Leo, María Lado ou Concha Rousia.
Fálase
Un grupo de afectados polas preferentes ocupa unha oficina de Novagalicia en Moaña que fora reaberta este mesmo luns tras permanecer pechada.
Sindicatos e partidos aseguran que pagan o IBI, como lles corresponde, ao contrario do que fai a Igrexa e do que se veu afirmando nas últimas semanas en determinados medios de comunicación conservadores.
O novo número de A trabe de ouro analiza as relacións entre cultura, lingua e saúde a través dun traballo de Marcial Gondar. Ademais, textos de Francisco Sampedro e Ricardo Castro reflexionan sobre os nexos entre marxismo e nacionalismo.
Unha versión de Negra sombra, interpretada pola Coral Ruada, forma parte da banda sonora do filme da HBO Hemingway & Gellhorn, protagonizado por Nicole Kidman e Clive Owen, e que se estrea hoxe
Krahe asegura que se o condenan, exiliarase a Francia. O cantautor está sendo xulgado por "atentar contra os sentimentos relixiosos" por un vídeo
O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo na Cámara para pedir "o mesmo nivel de salvamento" de Bankia para NCG Banco. O BNG pide a comparecencia de Rajoy para explicar a inxección de cartos públicos na entidade madrileña. Máis información esta tarde en Praza.
A débeda de Galicia aumentou un 16,73% en 2011, até alcanzar os 3.536 millóns.
#Rajoy O presidente do Goberno non aclara como se recapitalizará Bankia, pero non nega que se vaia facer con débeda pública e non a través do FROB. Ademais, confirma que non haberá comisión de investigación ningunha sobre a crise da entidade madrileña.
#Rajoy "O investimento nos bancos non vai afectar aos próximos presupostos", di Rajoy, que aclara que aínda "están estudando o procedemento", pero que "non vai afectar". "Se cae a banca, cae o país", asegura.