Aprazado o xuízo polo caso Jimmy tras o recurso presentado por unha das defensas. Tres menores ían sentar hoxe no banco, dous acusados de homicidio e outro de rifa tumultuaria.
Fálase
A Consellería de Cultura ultima o acceso público aos arquivos da Garda Civil. A Xunta está á espera dunha copia dixitalizada da causa do franquismo e dos fondos da Igrexa custodiados no Arquivo Histórico de Madrid.
O Concello da Coruña presenta unha contraoferta á reforma da Vedra. Elimina as árbores da mediana e engade un cuarto carril nunha parte do trazado. Cóntao La Opinión.
O número 2 de Ciudadanos en Madrid exerceu como avogado sen estar habilitado para facelo. Mentiu no currículo que presentou na Asemblea de Madrid.
Feijóo pospón a abril a súa decisión de optar ou non a un terceiro mandato. Díxoo onte nunha entrevista en Vía V, na que quixo marcar distancias con Ciudadanos.
A Xunta anuncia 2.000 prazas de emprego público para o ano electoral de 2016. Indicouno o conselleiro de Facenda no debate de totalidade dos Orzamentos.
VÍDEO O Deportivo publica a gravación do canto do himno galego que uniu as afeccións de Dépor e Celta no derbi do pasado sábado. Pódese ver nesta ligazón
As emisións de gases de efecto invernadeiro aumentaron en España en 2014 por vez primeira dende 2008, segundo denuncia Ecologistas en Acción. As principais culpables do incremento foron as centrais térmicas de carbón. Dende 1990 as emisións creceron un 12% no Estado, a maior suba en toda Europa.
O persoal do Diario de Arousa irá á folga indefinida dende o vindeiro xoves tras dous novos despedimentos no xornal. O plantel da cabeceira arousá e mais de El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, Diario de Ferrol e DxT, que xa se mobilizou o pasado setembro, apela tamén ao apoio cidadán ante a mobilización convocada para o venres, 27, ás 20:30 na Praza de Galicia de Vilagarcía.
Papeis roubados aos Bárcenas detallan pagamentos en negro a Rajoy. Manuscritos da muller do ex tesoureiro do PP comprometen o actual presidente do Goberno central.