Macron e Le Pen enfrontaranse na segunda volta das eleccións francesas. eldiario.es está a facer seguemento da noite electoral.

Macron e Le Pen enfrontaranse na segunda volta das eleccións francesas. eldiario.es está a facer seguemento da noite electoral.
Celta e Deportivo perden os seus partidos de Liga 0-1 ante o Betis e 1-0 ante a Real Sociedad, respectivamente.
O vigués Diego Gago, elixido este sábado en Sevilla novo presidente de Nuevas Generaciones do PP, defende a Esperanza Aguirre: “Seguro que ela é a máis decepcionada”. A elección de Gago estivo rodeada pola polémica que suscitaron as súas declaracións atribuíndo a Guerra Civil á “confrontación social”.
Dous concelleiros do PSOE de Vigo son chamados a declarar como investigados por subirlle o soldo a un funcionario. O PP cualifica o goberno de Abel Caballero como “a cova de Alibabá”.
O BNG márcase o obxectivo de ter designados os seus candidatos ás municipais de maio de 2019 antes dun ano. Así o decidiu este sábado o seu Consello Nacional, que aprobou un plan de traballo que contempla unha campaña Contra o agravio do Estado a Galicia que culminará coa manifestación do 25 de xullo.
Convocado o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Promóveno o Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba e conta coa colaboración de Xerais, que publicará a obra premiada en homenaxe ao autor falecido o pasado xullo.
Eva Veiga en poesía e Isaac Xubín en narrativa, Premios da Crítica en lingua galega da Asociación Española de Críticos Literarios.
O cambio climático está a causar a morte masiva de especies no litoral peninsular, advirte un informe da Oficina Española de Cambio Climático recollido por eldiario.es
Desde 2012 o Goberno só concedeu 6 peticións de asilo a venezolanos, malia recibir máis que de sirios, segundo relata El País.
O Concello de Cambados retira unha estatua de Manuel Fraga. PSdeG, BNG e Somos Cambados entenden que non cumpre a lei de memoria histórica.