Dous concelleiros do PSOE de Vigo son chamados a declarar como investigados por subirlle o soldo a un funcionario. O PP cualifica o goberno de Abel Caballero como “a cova de Alibabá”.

Dous concelleiros do PSOE de Vigo son chamados a declarar como investigados por subirlle o soldo a un funcionario. O PP cualifica o goberno de Abel Caballero como “a cova de Alibabá”.
O BNG márcase o obxectivo de ter designados os seus candidatos ás municipais de maio de 2019 antes dun ano. Así o decidiu este sábado o seu Consello Nacional, que aprobou un plan de traballo que contempla unha campaña Contra o agravio do Estado a Galicia que culminará coa manifestación do 25 de xullo.
Convocado o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Promóveno o Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba e conta coa colaboración de Xerais, que publicará a obra premiada en homenaxe ao autor falecido o pasado xullo.
Eva Veiga en poesía e Isaac Xubín en narrativa, Premios da Crítica en lingua galega da Asociación Española de Críticos Literarios.
O cambio climático está a causar a morte masiva de especies no litoral peninsular, advirte un informe da Oficina Española de Cambio Climático recollido por eldiario.es
Desde 2012 o Goberno só concedeu 6 peticións de asilo a venezolanos, malia recibir máis que de sirios, segundo relata El País.
O Concello de Cambados retira unha estatua de Manuel Fraga. PSdeG, BNG e Somos Cambados entenden que non cumpre a lei de memoria histórica.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, insta o voceiro parlamentario do partido, Pedro Puy, a "non xulgar a actuación dos xuíces" na denuncia polo cartel do Entroido da Coruña. "Non comparto a opinión de Pedro Puy a respecto de que unha actuación xudicial nese sentido sexa un despilfarro", di Tellado, que como Feijóo cre "ofensivo" o anuncio da festa.
O xuíz do caso Jimmy rexeita o recurso da familia, a Liga e o fiscal contra o arquivo da causa e imputa outros dous membros do Frente Atlético na causa da rifa tumultuaria. Toda a información sobre este asasinato, aquí.
As vítimas de Angrois lembran os seus mortos no #25AniversarioAVE. “Non hai nada que celebrar”, dinlle a PP e PSOE, a quen critican por “non dedicar unha soa palabra ás vítimas do AVE de Galicia”.