As vítimas de Angrois lembran os seus mortos no #25AniversarioAVE. “Non hai nada que celebrar”, dinlle a PP e PSOE, a quen critican por “non dedicar unha soa palabra ás vítimas do AVE de Galicia”.
Fálase
O Celta enfrontarase ao Manchester United nas semifinais da Europa League. O primeiro partido celebrarase en Vigo o vindeiro xoves 4 de maio. Na outra semifinal, o Ajax loitará polo pase á final contra o Olympique de Lyon.
VÍDEO | Hai hoxe 25 anos a TVG estreaba o Supermartes. A canle pública ofrece na súa web o primeiro programa do concurso, que mantivo en antena ata mediados da pasada década
VÍDEO | O BNG resume nun vídeo as súas reivindicacións a respecto da transferencia da AP-9 e da súa política de peaxes tras publicar Audasa uns beneficios de 45 millóns de euros e esixir unha nova suba das peaxes.
AUDIO | O Festival de Cans ten nova banda sonora, asinada por Eladio y los seres queridos. Se ti vés comigo a Cans soou oficialmente por primeira vez na presentación das primeiras novidades da edición 2017 do festival, que abrirá coa estrea mundial d'A historia dun satélite, das Also Sisters.
Santiago, admitida na União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa. A solicitude de acceso en condición de observadora fora aprobada por unanimidade no pleno da capital galega como vía para desenvolver a Lei Paz Andrade
O incendio no Val chega ás 200 hectáreas e alcanza a praia de Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas. Outros incendios nas Pontes e Abegondo afectan 30 e 46 hectáreas respectivamente e un en Negreira quedou extinguido tras queimar 131.
Facenda cre que a actividade do rei das orquestras é "un claro exemplo de economía somerxida". O empresario Lito foi xulgado onte por seis delitos e está acusado de declarar tan só o 8% dos seus ingresos á fronte dos espectáculos musicais. Cóntao Pontevedra Viva.
Condenado un sindicalista da CIG por "ultraxes" á bandeira de España. Terá que pagar unha multa de 1.260 euros malia que a xuíza recoñece que "un sector da doutrina móstrase partidario da desaparición deste delito do Código Penal".
OPERACIÓN LEZO | Detido López Madrid, conselleiro de OHL e xenro do seu presidente, Villar Mir. Está acusado do pago de comisións a Ignación González pola adxudicación dunha obra á construtora.