VÍDEO | O BNG resume nun vídeo as súas reivindicacións a respecto da transferencia da AP-9 e da súa política de peaxes tras publicar Audasa uns beneficios de 45 millóns de euros e esixir unha nova suba das peaxes.
Fálase
AUDIO | O Festival de Cans ten nova banda sonora, asinada por Eladio y los seres queridos. Se ti vés comigo a Cans soou oficialmente por primeira vez na presentación das primeiras novidades da edición 2017 do festival, que abrirá coa estrea mundial d'A historia dun satélite, das Also Sisters.
Santiago, admitida na União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa. A solicitude de acceso en condición de observadora fora aprobada por unanimidade no pleno da capital galega como vía para desenvolver a Lei Paz Andrade
O incendio no Val chega ás 200 hectáreas e alcanza a praia de Ponzos, na parroquia ferrolá de Covas. Outros incendios nas Pontes e Abegondo afectan 30 e 46 hectáreas respectivamente e un en Negreira quedou extinguido tras queimar 131.
Facenda cre que a actividade do rei das orquestras é "un claro exemplo de economía somerxida". O empresario Lito foi xulgado onte por seis delitos e está acusado de declarar tan só o 8% dos seus ingresos á fronte dos espectáculos musicais. Cóntao Pontevedra Viva.
Condenado un sindicalista da CIG por "ultraxes" á bandeira de España. Terá que pagar unha multa de 1.260 euros malia que a xuíza recoñece que "un sector da doutrina móstrase partidario da desaparición deste delito do Código Penal".
OPERACIÓN LEZO | Detido López Madrid, conselleiro de OHL e xenro do seu presidente, Villar Mir. Está acusado do pago de comisións a Ignación González pola adxudicación dunha obra á construtora.
Un atentado terrorista provoca a morte dun policía nos Campos Elíseos de París. A acción, a tres días das eleccións presidenciais, foi reivindicada polo Estado Islámico.
O Celta celebra unha histórica clasificación para as semifinais da Europa League. O club vigués empatou (1-1) ante o Genk e fixo boa a vitoria da pasada semana en Balaídos. Hoxe coñecerá o seu vindeiro rival.
O Centro Dramático Galego estrea este serán en Santiago Martes de carnaval, a segunda montaxe de Valle Inclán traducido ao galego. A obra vén precedida polo éxito d'A cabeza do dragón (Excentricas) e pola expectación a respecto da montaxe, mais tamén pola controversia causada pola xestión da contratación do elenco por parte da Xunta, ao ser tratados os actores como funcionariado da Administración