Facenda cre que a actividade do rei das orquestras é "un claro exemplo de economía somerxida". O empresario Lito foi xulgado onte por seis delitos e está acusado de declarar tan só o 8% dos seus ingresos á fronte dos espectáculos musicais. Cóntao Pontevedra Viva.
Fálase
Condenado un sindicalista da CIG por "ultraxes" á bandeira de España. Terá que pagar unha multa de 1.260 euros malia que a xuíza recoñece que "un sector da doutrina móstrase partidario da desaparición deste delito do Código Penal".
OPERACIÓN LEZO | Detido López Madrid, conselleiro de OHL e xenro do seu presidente, Villar Mir. Está acusado do pago de comisións a Ignación González pola adxudicación dunha obra á construtora.
Un atentado terrorista provoca a morte dun policía nos Campos Elíseos de París. A acción, a tres días das eleccións presidenciais, foi reivindicada polo Estado Islámico.
O Celta celebra unha histórica clasificación para as semifinais da Europa League. O club vigués empatou (1-1) ante o Genk e fixo boa a vitoria da pasada semana en Balaídos. Hoxe coñecerá o seu vindeiro rival.
O Centro Dramático Galego estrea este serán en Santiago Martes de carnaval, a segunda montaxe de Valle Inclán traducido ao galego. A obra vén precedida polo éxito d'A cabeza do dragón (Excentricas) e pola expectación a respecto da montaxe, mais tamén pola controversia causada pola xestión da contratación do elenco por parte da Xunta, ao ser tratados os actores como funcionariado da Administración
AUDIO | Feijóo asegura que o "obxectivo fundamental" do cartel do Entroido da Coruña era "insultar e faltar ao respecto a miles de cidadáns". Afirmouno tras asegurar, non obstante, que concorda con Pedro Puy en que o asunto non debera chegar aos tribunais de Xustiza. Escoita aquí as declaracións do presidente ao termo do Consello da Xunta
Agadic chega a un acordo cos festivais de cinema que quedaran sen axudas, que recibirán cantidades "proporcionais ás que ían ser solicitadas se fosen admitidas as súas solicitudes", segundo indica a Xunta nun comunicado que recolle Europa Press na súa web
A A-6 estará restrinxida a un só carril por sentido nun quilómetro xusto no límite entre Lugo e León ata finais de xuño. Fomento vén de cortar a calzada sentido Madrid por obras e desvía todo o tráfico pola calzada sentido A Coruña.
Dimite o alcalde de Negreira acusado de apropiarse de 18 teléfonos móbiles. Comunicará a súa marcha ao pleno mañá venres, segundo adianta Europa Press.