Tan só un 12% dos españois apoia a independencia de Cataluña, segundo unha enquisa que publica El Mundo. O 64% non apoia que se convirta nun novo Estado.
Fálase
A operación Retablo encamíñase a un xuízo con xurado popular. O xuíz pecha o procedemento para sentar no banco dos acusados a funcionarios da Xunta, empresarios e curas por unha presunta trama de corrupción na restauración de arte sacra.
O Deportivo non pasa do empate en Jaén (0-0) pero aumenta a súa vantaxe á fronte da clasificación de Segunda División.
Unhas 200 persoas homenaxearon Isaac Díaz Pardo no cemiterio de Boisaca (Compostela) no segundo cabodano do seu pasamento. Este domingo tamén foi homenaxeado no mesmo lugar Valle-Inclán, soterrado a poucos metros.
Finaliza a xornada na Terceira División. As Pontes, Cerceda e Boiro lideran a clasificación.
Barbadás 2-0 Racing Vilalbés
As Pontes 4-2 Laracha
Betanzos 1-1 Bertamiráns
Deportivo B 3-0 Grixoa
Pontevedra 2-0 Choco
Ordes 0-1 Somozas
Boiro 1-1 Cerceda
Alondras 2-3 Arousa
Rápido de Bouzas 4-1 Cultural Areas
Negreira 1-0 DornedaChris Hedges publica en Sinpermiso unha defensa do papel da banca pública a partir de varios exemplos de entidades financeiras dos Estados Unidos
Rafael Hernando, portavoz adxunto do PP no Congreso, suxire que os abortos por malformación se enmascaren como danos psicolóxicos á muller. Dous informes médicos terían que avalalo.
Vitorias de Rácing de Ferrol ante o Tropezón (4-0), do Celta B ante o Logroñés (4-0) e do Ourense ante o Compostela (1-2) nos partidos que veñen de concluír na vixésima xornada da 2ªB. Rácing e Ourense ocupan posicións de play-off de ascenso.
Luis Rodríguez Patiño, o cura de Xestoso, instalou un belén na parroquia de Momán, no concello chairego de Xermade, no que se impide que os gais cheguen ao portal. Faino como protesta contra as palabras do bispo de Segorbe-Castellón, Casimiro López Llorente, contra os homosexuais. Rodríguez Patiño xa instalou hai dous anos un Belén desafiuzado.
O cemiterio de Boisaca, en Compostela, acolle este domingo senllas homenaxes a Isaac Díaz Pardo (12.30) e Valle-Inclán (13.00)