Besteiro anuncia un comité extraordinario en febreiro para fixar a data das primarias tras un tenso comité nacional do PSdeG no que os críticos pediron explicacións polos malos resultados das xerais. Máis información, hoxe en Praza.

Besteiro anuncia un comité extraordinario en febreiro para fixar a data das primarias tras un tenso comité nacional do PSdeG no que os críticos pediron explicacións polos malos resultados das xerais. Máis información, hoxe en Praza.
Un documento asinado por cinco ministros pide a Rajoy que marche para que o PP poida gobernar. Sáenz de Santamaría sería a impulsora do texto, aínda que non unha das asinantes, segundo conta La Información.
Galicia pechou o ano con 2.500 dependentes atendidos máis e 12.000 leves aínda en espera. Os beneficiarios elévanse a 41.500, a cifra máis alta até o de agora.
A CUP aceptaría facer dimitir algúns dos seus deputados se Mas dá un paso atrás. Junts pel Sí e a formación de esquerda volveranse a reunir hoxe na última oportunidade para evitar novas eleccións.
Albert Rivera acusa os "deputados de Podemos" de propor "a secesión de Galicia". O líder de Ciudadanos rexeita que En Marea forme grupo propio e cre que "non haberá igualdade sen proxecto común".
Feijóo insiste en que esgotará a lexislatura pero non aclara se optará a un terceiro mandato. "Se antes das xerais non había razón ningunha para variar o calendario das galegas, despois das xerais hai moitas menos razóns para renunciar a estabilidade política que ten Galicia", di.
Susana Díaz dá o seu "apoio" a Sánchez para conformar unha "alternativa" sempre que os posibles socios renuncien ao dereito a decidir. A presidenta de Andalucía di que o debate sobre a secretaría do PSOE "non toca".
O Concello da Coruña prohíbe ao Porto construír as dúas cafeterías previstas na Mariña. Alega que os dous locais incumpren a normativa ao ocuparen espazos libres.
O Sergas disparou en 308 millóns o gasto previsto en nóminas e fármacos en 2014. O gasto final en Sanidade aumentouse case un 10%.
Junts pel Sí e a CUP seguen sen chegar a acordo e continuarán negociando hoxe. Ambas as dúas formacións manteñen as súas posturas.