Junts pel Sí e a CUP seguen sen chegar a acordo e continuarán negociando hoxe. Ambas as dúas formacións manteñen as súas posturas.
Fálase
Un xulgado de Ourense absolve a exconcelleira de Urbanismo da cidade, Áurea Soto (PSdeG), das acusacións de prevaricación. O caso partiu dunha denuncia de Democracia Ourensana a respecto dunhas licenzas para edificios e un aparcaodiro na praza de San Antonio e a fiscalía chegou a pedir 10 anos de inhabilitación.
Rivera admite agora que as súas posturas sobre violencia machista lastraron a campaña de Ciudadanos.
O novo Goberno de Portugal anula as privatizacións dos transportes públicos do Porto e Lisboa. O gabinete de António Costa enmarca a decisión na aposta por reforzar as competencias dos concellos e a redución de emisións contaminantes á atmosfera.
O PP de Santiago acusa o goberno local de "roubar o Nadal" e, de "roubarlles aos nenos a posibilidade de vivir un ambiente tradicional e de ilusión" na cabalgata de reis. O exalcalde Agustín Hernández critica decisións como a celebración dun mercado de Nadal na Praza de Abastos ou a instalación do Belén nunha Igrexa.
Xunta e reitores asinan os convenios que oficializan o novo plan de financiamento universitario. As institucións académicas lembran que o asinan malia veren aspectos mellorables no proxecto, que para Feijóo supón un "fito histórico".
O PP considera que será "unha fraude electoral" se non logra presidir o Congreso nin o Goberno de España. Afirmouno o seu voceiro parlamentario, Rafael Hernando, nunha entrevista na Cadena SER
Xunta e universidades asinan este xoves o novo plan de financiamento. Será o primeiro acto tras as vacacións de Nadal de Feijóo, sen axenda pública dende o pasado día 23 coa excepción da mensaxe de fin de ano.
Pedro Sánchez reúnese este xoves en Lisboa co primeiro ministro portugués, António Costa. Varios xornais de Portugal len o encontro como unha aposta do líder do PSOE por un pacto de esquerdas como o formado polo PS co Bloco de Esquerda e o PCP.
Nove dos trinta autores nominados ao Gran Premio do Festival de Cómic de Angoulême retíranse despois de ver que entre os finalistas non había ningunha muller. O colectivo de creadoras de cómic contra o sexismo lanzara previamente un chamamento a boicotear o premio. A ministra de Cultura de Francia criticou tamén o Festival.