Inditex reparte hoxe 561 millóns de euros entre os seus accionistas como dividendo a conta. O seu fundador, Amancio Ortega, ingresará máis de 330 millóns ao posuír máis do 59,2% dos títulos.
Fálase
Red Eléctrica asegura que a nacionalización de TDE por parte do Goberno de Bolivia non terá un efecto relevante nos seus resultados.
O Ecofin intentará aprobar outro reforzo do capital dos bancos para evitar a crise. Os ministros de Economía dos 27 celebran unha xuntanza extraordinaria na que tratarán de aprobar unha nova norma para reforzar o capital dos bancos e aumentar a súa resistencia.
O presidente do Parlamento Europeo di que "unha lingua tan importante como o catalán" ten que se "poder falar na Cámara". En Ara.
Esperanza Aguirre di na SER que "Os sindicatos caerán coma o Muro de Berlín"
Obama visita por sorpresa Afganistán e asina un acordo con Hamid Karzai para definir a retirada das tropas norteamericanas e a presenza de EE.UU. e da OTAN no país despois de 2014.
O BCE reúnese en Barcelona entre fortísimas medidas de seguridade e a presenza de milleiros de policías na cidade.
Óscar Marín (Instituto de Neurociencias de Alicante): "España segue pensando como un país pequeno e por iso non inviste en Ciencia"
O Goberno continúa coas súa medidas que limitan a regularización das persoas migrantes e a liberdade de circulación e pon baixo vixilancia as unións de feito de inmigrantes.
Iván Louzán denuncia no proxecto fotográfico Yihad Comercial a crise do pequeno comercio na Coruña, en fase de abandono pola presión das grandes superficies e a falta de apoio das administracións.