Iñigo Sáenz de Ugarte analiza en El Diario as presións de El País aos seus xornalistas para que asinen as súas informacións: "O intelectual colectivo era un deses mitos da transición. Agora nin iso. A defensa dos dereitos laborais é só xa un empeño absurdo e anacrónico. Os periodistas de El País perderon o dereito a usar –e retirar– o seu nome e apelidos, un elemento básico da súa identidade".
Fálase
Os autónomos pagarán entre un 5% e un 53% máis este ano nas súas cotas por mor da suba do IVA, segundo a a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos.
A prensa británica salienta este martes o histórico acordo entre os gobernos do Reino Unido e Escocia para a convocatoria dun referendo de independencia en 2014 que será vinculante
Standard & Poor's rebáixalle a nota a 11 bancos españois, entre eles Santander e BBVA, que quedan a un paso do bono-lixo.
La Región salienta que o PPdeG "ve frustrado o seu intento de facer os seus altos cargos funcionarios" e explica que os populares incluiran esta promesa no seu programa electoral pero que ante as críticas sindicais foi retirada alegando que fora un "erro de redacción".
Houbo tamén manifestación en Compostela cunha notable participación.
Están rematando as manifestacións en defensa dos servizos públicos en todas cidades galegas. Na imaxe, a marcha de Lugo
O New York Times lanzará unha edición en internet redactada en portugués e dirixida ao público do Brasil. En Kioskea
Compromiso por Galicia presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral contra o alcalde do Grove, do PP, por "conculcar os dereitos electorais" ao dar orde de retirar un autobús electoral do partido na Festa do Marisco celebrada o sábado. Critican que o día anterior si se permitiu a actividade do bus electoral de UPyD. Velaquí a denuncia.
UPyD pide penas de ata cinco anos de cárcere para quen convoque referendos sen ter competencias para facelo. En Que.es