Compromiso por Galicia presentou unha denuncia ante a Xunta Electoral contra o alcalde do Grove, do PP, por "conculcar os dereitos electorais" ao dar orde de retirar un autobús electoral do partido na Festa do Marisco celebrada o sábado. Critican que o día anterior si se permitiu a actividade do bus electoral de UPyD. Velaquí a denuncia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/507c308e19de6-images.jpg)