A Garda Civil detén a Diego Cañamero, secretario xeral do SAT, segundo adianta Público.
Fálase
Artur Mas: "Se non nos deixan facer a consulta, iremos aos tribunais europeos". O presidente da Generalitat asegura que se España veta o referendo haberá que "internacionalizar o conflito" nunha entrevista en TV3.
Os xornais publican este luns as últimas enquisas electorais permitidas pola lei e poñen en dúbida a maioria absoluta de Feijoo. A Cadena Ser dálle 37-38 ao PP, 19-20 ao PSdeG-PSOE, 11-12 ao BNG e 6-7 a AGE. La Región prevé 36-38 para o PP, 20-22 para o PSdeG-PSOE, 12-14 para o BNG, 2-4 para AGE, 0-1 para CxG e 0-1 para SCD. E La Voz publica o seu derradeiro tracking diario, que mantén os datos do domingo: 39 para o PP, 21 para o PSdeG-PSOE, 10 para o BNG e 5 para AGE
Galicia mellor sen touradas continúa coa súa campaña Eu dou a cara pola abolición, na que animan á xente a imprimir un cartaz con ese lema e tirar unha foto con el
O ex presidente da Generalitat José Montilla denuncia en El Diario que "A dereita española é unha máquina de fabricar independentistas"
O Partido Socialista renova a súa maioria absoluta nas Azores. Obtén 31 dos 57 escanos do parlamento rexional e sobe un. Tamén aumenta a súa representación o PSD.
O austriaco Felix Baumgartner vén de batir o récord de caída libre saltando dende unha altura de máis de 39.000 metros. É a primeira vez que un ser humano racha a barreira do son sen axuda mecánica. Naukas explicou hai uns dias as claves fisicas do intento
Falece unha persoa e outras dúas están desaparecidas tras embarrancar un veleiro na Coruña, preto da Casa dos Peixes
A esta hora comeza o mitin do BNG en Allariz, un concorrido acto no que o ex portavoz nacional da formación, Anxo Quintana, acudiu a apoiar a Francisco Jorquera
Resultados da oitava xornada da Terceira división de fútbol
Vilalonga 2 - 0 Betanzos CF
Ordes 4 - 1 Racing Vilalbés
Racing de Ferrol 2 - 1 Deportivo B
Pontevedra 1 - 1 UD Somozas
RC Celta B 2 - 0 Narón BP
Barbadás 1 - 0 Céltiga CF
As Pontes 2 - 1 Cerceda
Compostela 8 - 3 Alondras CF
Dorneda 1 - 1 Rápido de Bouzas
Bergantiños CF 0 - 1 SD Negreira