O Partido Socialista renova a súa maioria absoluta nas Azores. Obtén 31 dos 57 escanos do parlamento rexional e sobe un. Tamén aumenta a súa representación o PSD.
Fálase
O austriaco Felix Baumgartner vén de batir o récord de caída libre saltando dende unha altura de máis de 39.000 metros. É a primeira vez que un ser humano racha a barreira do son sen axuda mecánica. Naukas explicou hai uns dias as claves fisicas do intento
Falece unha persoa e outras dúas están desaparecidas tras embarrancar un veleiro na Coruña, preto da Casa dos Peixes
A esta hora comeza o mitin do BNG en Allariz, un concorrido acto no que o ex portavoz nacional da formación, Anxo Quintana, acudiu a apoiar a Francisco Jorquera
Resultados da oitava xornada da Terceira división de fútbol
Vilalonga 2 - 0 Betanzos CF
Ordes 4 - 1 Racing Vilalbés
Racing de Ferrol 2 - 1 Deportivo B
Pontevedra 1 - 1 UD Somozas
RC Celta B 2 - 0 Narón BP
Barbadás 1 - 0 Céltiga CF
As Pontes 2 - 1 Cerceda
Compostela 8 - 3 Alondras CF
Dorneda 1 - 1 Rápido de Bouzas
Bergantiños CF 0 - 1 SD NegreiraO PP asegura que a Xunta garantiu o "equilibrio cuantitativo e cualitativo" de galego e castelán no ensino. A Mesa respóndelle co estudo que vén de presentar, segundo o cal a lingua propia está ausente do 95% do ensino infantil.
Sorte dispar para os equipos galegos de futsal. O Santiago impúxose por 5-1 ao Puertollano e xa é colíder. Mentres, o Azkar Lugo caeu por 3-5 ante o Caja Segovia e o Burela Pescados Rubén quedou co marcador a cero fronte aos 8 goles que encaixou do Barça.
Ás oito da tarde comeza na Coruña (no bar O Mentireiro -Beiramar, 12-) un debate sobre as relacións entre movementos sociais e partidos de esquerda, coa participación de Ana Luisa Bouza (BNG), Anton Sánchez (AGE) e Jose Angel Brandariz. Será retransmitido en streaming neste enlace
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca concentracións para estes luns "en defensa dos servizos públicos e contra as políticas antisociais do PP".
O Obradoiro logra a súa terceira vitoria consecutiva na Liga ACB. Vénse de impoñer por 71-68 ante o CB Canarias e continúa invicto nesta temporada.