O PP asegura que a Xunta garantiu o "equilibrio cuantitativo e cualitativo" de galego e castelán no ensino. A Mesa respóndelle co estudo que vén de presentar, segundo o cal a lingua propia está ausente do 95% do ensino infantil.
Fálase
Sorte dispar para os equipos galegos de futsal. O Santiago impúxose por 5-1 ao Puertollano e xa é colíder. Mentres, o Azkar Lugo caeu por 3-5 ante o Caja Segovia e o Burela Pescados Rubén quedou co marcador a cero fronte aos 8 goles que encaixou do Barça.
Ás oito da tarde comeza na Coruña (no bar O Mentireiro -Beiramar, 12-) un debate sobre as relacións entre movementos sociais e partidos de esquerda, coa participación de Ana Luisa Bouza (BNG), Anton Sánchez (AGE) e Jose Angel Brandariz. Será retransmitido en streaming neste enlace
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca concentracións para estes luns "en defensa dos servizos públicos e contra as políticas antisociais do PP".
O Obradoiro logra a súa terceira vitoria consecutiva na Liga ACB. Vénse de impoñer por 71-68 ante o CB Canarias e continúa invicto nesta temporada.
Feijóo asegura, durante un acto electoral sobre pesca, que "un pescador" o alertou de que as pescadas poderían "chegar ás praias e morderlle á xente" se non son pescadas "masivamente", informa Antena 3.
Feijóo asegura, durante un acto electoral sobre pesca, que "un pescador" o alertou de que as pescadas poderían "chegar ás praias e morderlle á xente" se non son pescadas "masivamente", informa Antena 3.
O CD Lugo logrou este sábado unha importante vitoria por 2-1 ante o Murcia. Esta semana non hai xornada en Primeira división.
As sociedades coas que as grandes fortunas españolas xestionan os seus cartos seguen a medrar malia á crise. Algunhas, máis dun 50%. En El Diario.
Tamén é domingo de enquisas en Euskadi e Catalunya. El Correo di que o PNV vencería nas eleccións vascas, con EH-Bildu como segunda forza. La Vanguardia debuxa un escenario con CiU ao bordo da maioría absoluta.