Sorte dispar para os equipos galegos de futsal. O Santiago impúxose por 5-1 ao Puertollano e xa é colíder. Mentres, o Azkar Lugo caeu por 3-5 ante o Caja Segovia e o Burela Pescados Rubén quedou co marcador a cero fronte aos 8 goles que encaixou do Barça.
