García de Paredes di que cobrou de golpe os 5,4 millóns para "aforrarlle os intereses ao banco". O ex director de Novagalicia Banco defende a súa millonaria indemnización na Audiencia Nacional.
Fálase
España perdeu 1.277.680 habitantes de entre 20 e 39 anos dende xaneiro de 2009. No último ano emigraron case un millón de persoas.
Hoxe hai 25 anos foi asasinado nun Golpe de Estado Thomas Sankara, presidente de Burkina Faso de 1983 a 1987, marxista, teórico panafricanista e coñecido coma o "Che Guevara africano", accedera ao poder a través doutro Golpe de Estado.
Alcoa cita para este martes os presidentes dos comités da Coruña, San Cibrao e Avilés. Faino para aclarar os detalles da orde para manter o mesmo prezo enerxético nas plantas e a cinco días das eleccións.
Google dedícalle un fermoso doodle ao ilustrador Winsor McCay, autor de O pequeno Nemo no país dos soños
Greenpeace presenta un informe sobre a catástrofe do Prestige con motivo do inicio do xuízo. "Que aprendemos dez anos despois?", pregúntase a organización ecoloxista, que destaca que os responsables políticos daquela catástrofe seguen na actualidade ocupando importantes cargos.
O PSOE fai públicos os resultados dunha enquisa de intención de voto que lle outorga 37-38 escanos ao PP, 21-22 ao PSdeG, 12 ao BNG e 3-5 a AGE.
A Garda Civil detén a Diego Cañamero, secretario xeral do SAT, segundo adianta Público.
Artur Mas: "Se non nos deixan facer a consulta, iremos aos tribunais europeos". O presidente da Generalitat asegura que se España veta o referendo haberá que "internacionalizar o conflito" nunha entrevista en TV3.
Os xornais publican este luns as últimas enquisas electorais permitidas pola lei e poñen en dúbida a maioria absoluta de Feijoo. A Cadena Ser dálle 37-38 ao PP, 19-20 ao PSdeG-PSOE, 11-12 ao BNG e 6-7 a AGE. La Región prevé 36-38 para o PP, 20-22 para o PSdeG-PSOE, 12-14 para o BNG, 2-4 para AGE, 0-1 para CxG e 0-1 para SCD. E La Voz publica o seu derradeiro tracking diario, que mantén os datos do domingo: 39 para o PP, 21 para o PSdeG-PSOE, 10 para o BNG e 5 para AGE