BNG e EU chegan a un pacto de gobernabilidade para Mugardos. O PSdeG-PSOE finalmente non entra no acordo.
Fálase
O Banco de España apunta a unha leve mellora económica no segundo trimestre do ano. Cualifícaa de "alivio na tónica contractiva".
A empresa que fichou o ex conselleiro de Sanidade de Madrid, Manuel Lamela, consegue o mantemento do Hospital de Getafe
Urdangarin, cazado nun casino de Londres xogando milleiros de euros á ruleta, segundo publica El Confidencial
CiU, ERC, ICV-EUiA e CUP constitúen hoxe o Pacte Nacional pel Dret a Decidir, a plataforma pensada para organizar o camiño cara á consulta de autodeterminación. Non participa o PSC.
A vixilancia en Internet avanza coa complicidade dos gobernos. Cada vez máis países están modificando as súas leis para permitir a monitorización de Internet e o acceso aos datos sen autorización xudicial.
Ángeles Marra, senadora do PSdeG-PSOE por Pontevedra, cualifica de "terceiromundistas" os avións que fan a rota Madrid-Vigo en Air Europa. Os avións teñen seis anos de antigüidade.
Un equipo de TV destapa un novo escándalo de explotación laboral en Alemaña. Centos de traballadores búlgaros e romaneses son empregados en condicións de escravitude
O presidente andaluz, José Antonio Griñán anunciará hoxe, no debate da comunidade, que non repetirá como candidato e proporá a limitación de mandatos
Bruxelas atrasa ata "as próximas semanas" a decisión sobre o tax lease.