Ángeles Marra, senadora do PSdeG-PSOE por Pontevedra, cualifica de "terceiromundistas" os avións que fan a rota Madrid-Vigo en Air Europa. Os avións teñen seis anos de antigüidade.
Fálase
Un equipo de TV destapa un novo escándalo de explotación laboral en Alemaña. Centos de traballadores búlgaros e romaneses son empregados en condicións de escravitude
O presidente andaluz, José Antonio Griñán anunciará hoxe, no debate da comunidade, que non repetirá como candidato e proporá a limitación de mandatos
Bruxelas atrasa ata "as próximas semanas" a decisión sobre o tax lease.
A candidatura olímpica de Madrid 2020 leva gastados máis de 5 millóns de euros (4,5 máis IVE) en contratos de asesoramento, deseño e publicidade. É o resultado de sumar as contías das contratacións que figuran na súa web.
Desaparece do blog da xornalista de ABC Paloma Cervilla o texto no que defendía o recorte nas bolsas universitarias porque, segundo lle "comentou unha amiga", estas axudas eran empregadas por estudantes para financiaren operacións de aumento de peito. El Diario recolle o texto íntegro, agora borrado.
O conselleiro de Economía defende nun foro empresarial que a "marca Galicia" coopere coa "marca España".
CiU e o PNV súmanse ao pacto PP-PSOE sobre a posición do Goberno central ante o vindeiro Consello Europeo. En El Diario
IU abandona a reunión da FEMP polo bloqueo dos representantes do PP á proposta de convocar unha asamblea extraordinaria que trate a reforma da Administración Local
O PP vota en contra da abolición dos touradas en Galicia e rexeita a iniciativa do BNG, que pretendía eliminar a excepción que na lei exclúe as corridas da protección dos animais. Bloque, AGE e PSdeG votaron a favor. Máis información, nuns minutos en Praza.