Desaparece do blog da xornalista de ABC Paloma Cervilla o texto no que defendía o recorte nas bolsas universitarias porque, segundo lle "comentou unha amiga", estas axudas eran empregadas por estudantes para financiaren operacións de aumento de peito. El Diario recolle o texto íntegro, agora borrado.
