Un deputado do PP na Deputación de Lugo, Fernando Pensado, sentenza que "todos os do BNG deberían ser veganos porque alimentarse de carne e defender a erradicación das corridas de touros é unha incongruencia".
Fálase
O voceiro de infraestruturas do PP, Alejandro Gómez, asegura que o bipartito de PSdeG e BNG "impuxo a ditadura" na política de infraestruturas. A voceira do BNG, Ana Pontón, censura o seu "protofascismo". Gómez engade que "non atopará ningunha foto dun dirixente do PP subido a un iate dun gran construtor".
Vén de realizarse na Delegación do Goberno da Coruña a entrega conxunta de alegacións ás propostas de sanción contra oito das persoas que participaron na mobilización que impediu o desafiuzamento de Aurelia Rey.
O Parlamento ratifica o nomeamento de Dositeo Rodríguez, conselleiro con Manuel Fraga, como novo membro do Consello de Contas. Substituirá ao falecido José Antonio Orza.
O pleno do Parlamento vén de elixir a socialista Paula Fernández como senadora por designación autonómica. Fernández deixará de ser alcaldesa de Silleda.
Xa está nos xulgados de Lugo o ex presidente da Deputación desa provincia, Francisco Cacharro Pardo (PP). Vai declarar como imputado na operación Muralla. En Galiciaé
A Xunta disponse a contratar por 1,9 millóns de euros as campañas de publicidade do Día Nacional de Galicia, do Día das Letras e outras "datas relevantes" para o que resta de 2013 e o ano 2014.
Asociacións culturais de Lugo diríxense esta mañá á Fiscalía nos xulgados da cidade para instala a facer cumprir a Lei de Patrimonio e impedir que a autovía A-54 arrase o xacemento arqueolóxico de Coeses, único no mundo. Os mesmos colectivos xa puxeron o asunto en coñecemento da Unesco.
A proposta de Almunia sobre o tax lease obrigará a devolver o 95% das axudas, uns 2.800 millóns de euros. O naval aumenta a presión "in extremis" en Bruxelas para evitar unha decisión que suporía a súa "defunción".
España segue defendendo o seu 'non' á independencia de Kosovo e mantense xunto con Chipre como o único obstáculo nas negociacións que a UE mantén con este país para pechar un acordo de asociación.