A Xunta disponse a contratar por 1,9 millóns de euros as campañas de publicidade do Día Nacional de Galicia, do Día das Letras e outras "datas relevantes" para o que resta de 2013 e o ano 2014.
Fálase
Asociacións culturais de Lugo diríxense esta mañá á Fiscalía nos xulgados da cidade para instala a facer cumprir a Lei de Patrimonio e impedir que a autovía A-54 arrase o xacemento arqueolóxico de Coeses, único no mundo. Os mesmos colectivos xa puxeron o asunto en coñecemento da Unesco.
A proposta de Almunia sobre o tax lease obrigará a devolver o 95% das axudas, uns 2.800 millóns de euros. O naval aumenta a presión "in extremis" en Bruxelas para evitar unha decisión que suporía a súa "defunción".
España segue defendendo o seu 'non' á independencia de Kosovo e mantense xunto con Chipre como o único obstáculo nas negociacións que a UE mantén con este país para pechar un acordo de asociación.
Os traballadores e traballadoras de La Voz de Galicia iniciarán unha serie de mobilizacións contra a intención da dirección de inaplicar o actual convenio colectivo. Paros e concentracións levarán a unha folga o vindeiro 10 de xullo. A proposta da empresa inclúe unha rebaixa salarial do 15% e do 66% no caso dos complementos.
A presión pública forza a CNMV a airear os sueldos dos directivos do Ibex. Os informes de remuneración de directivos publicaranse como feitos relevantes.
A complexidade do cálculo no novo decreto de bolsas e axudas do Ministerio de Educación impidelles aos solicitantes saber con certeza que axuda poderían obter. Segundo os expertos, esta complexidade, unida ás novas esixencias, multiplicará o número de estudantes expulsados das universidades.
Dilma Rousseff propón un referendo para reformar a Constitución co obxectivo de loitar contra a corrupción. Despois de reunirse con representantes do Movimento Passe Livre e cos 27 gobernadores estaduais a presidenta brasileira ofreceu "cinco pactos" en materias fiscais, de sanidade, transporte e educación.
Wert tería deixado Aznar sen bolsa. O ex presidente do Goberno obtivo un 6,4 nos exames previos ao seu ingreso na universidade, menos do que o ministro de Educación lles esixe aos estudantes para acceder ás bolsas.
ADEGA, Lugo Patrimonio, Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde e Cultura do País presentarán este martes pola mañá nos Xulgados de Lugo unha solicitude para que se cumpra a Lei de Patrimonio e se respecten os informes preceptivos das excavacións arqueolóxicas nas obras da autovía Lugo-Santiago que ameazan o conxunto de Coeses.