A Facultade de Socioloxía da UDC acollerá este xoves a partir das 10 da mañá un acto de homenaxe ao filósofo e profesor Francisco Fernández Buey, falecido o pasado ano. Participarán Antonio Izquierdo Escribano, Ascensión Cambrón Infante, Eloy Fernández Porta ou Jodi Mir.
Fálase
Traballadores de Navantia concéntranse ante os xulgados de Ferrol tras a detención dun compañeiro polos incidentes no pleno de Ferrol. Imaxe de @pedrocanido.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público vén de abrirlle un simbólico "expediente disciplinario" ao ministro Wert polo seu “maltrato ao ensino público” nun acto que tivo lugar en San Caetano. Foto: @Suso Bermello
Antonio Muñoz Molina gaña o premio Príncipe de Asturias das Letras
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público realizará ás 11:30 horas diante da Consellaría de Educación unha parodia na que se simulará a apertura dun expediente disciplinario ao ministro Wert polo seu “maltrato ao ensino público”, mediante o cal “será expulsado” do propio sistema educativo.
O presidente de Pescanova concede hoxe senllas entrevistas a Faro de Vigo e La Voz. Fernández de Sousa nega que cometese acto delitivo ningún na xestión da empresa.
Detido un traballador de Navantia polos incidentes do pleno do pasado xoves, segundo informa Radiovoz.
A Xunta ofreceralles a xubilación parcial a 3.000 funcionarios. Os empregados públicos afectados terán que ter máis de 60 anos de idade e 30 de cotización, e reducirán a súa xornada e salario entre un 25 e un 75 %
O Fondo de Garantía de depósitos impón unha quita extra do 15% ás preferentes de NCG. A cambio, o Fondo dotará de liquidez ás accións.
A contratación de políticos por parte das eléctricas chega á Fiscalía Anticorrupción. A Plataforma por un Novo Modelo Enerxético presenta un escrito de denuncia apoiado por milleiros de sinaturas