A policía frea unha liorta entre afeccionados do Celta e do Racing en Ferrol. Varios deles foron detidos e fontes policiais aseguran que portaban obxectos contundentes.

A policía frea unha liorta entre afeccionados do Celta e do Racing en Ferrol. Varios deles foron detidos e fontes policiais aseguran que portaban obxectos contundentes.
O xerente da área sanitaria de Vigo, Félix Rubial, afirma que a doente falecida na UCI do novo hospital que deu positivo por Aspergillus non se contaxiou no complexo. Asegurouno esta mañá nunha entrevista na Cadena SER.
Unha doente do novo hospital de Vigo deu positivo por Aspergillus, segundo conta Faro de Vigo. O Sergas garante que todas as áreas abertas do Álvaro Cunqueiro teñen controis ambientis correctos e o PSdeG pide a "evacuación inmediata" de todos os pacientes inmunodeprimidos.
Unha manifestación percorre Ferrol "contra o desmantelamento" do Diario de Ferrol e Editorial La Capital. Os traballadores de varios xornais de grupo están en folga polos despedimentos de compañeiros e o impago dos salarios. Foto de @diarioenfolga
Aparecen sete artefactos explosivos na zona afectada polo incendio de Cualedro. Os alcaldes dos municipios afectados esixen axudas urxentes ao Estado e á Xunta.
Mas cualifica de "espectáculo" o rexistro da sede de CDC e acusa a Interior de "prácticas pouco limpas".
O Goberno central propón deixar fóra da atención sanitaria as persoas migrantes en situación irregular que leven menos de 6 meses empadroadas. Recólleo eldiario.es
O programa de alimentación de verán do Concello de Pontevedra atendeu 243 menores de 125 familias, un 38% máis dos previstos. O goberno local fixo balance este mércores do plan, que consistía na entrega semanal dunha compra a cada familia realizada nun supermercado local.
O goberno de Lalín diríxese ao Ministerio de Exteriores para ofrecer instalacións municipais como punto de acollida de refuxiados. “Non podemos permanecer de brazos cruzados ante esta crise humanitaria intolerable", di o alcalde, Rafael Cuiña, que ofrece habilitar "o albergue de Mouriscade ou algunhas zonas do antigo pavillón"
Milagros Otero Parga tomou posesión este mediodía como nova Valedora do Pobo.