Mas cualifica de "espectáculo" o rexistro da sede de CDC e acusa a Interior de "prácticas pouco limpas".

Mas cualifica de "espectáculo" o rexistro da sede de CDC e acusa a Interior de "prácticas pouco limpas".
O Goberno central propón deixar fóra da atención sanitaria as persoas migrantes en situación irregular que leven menos de 6 meses empadroadas. Recólleo eldiario.es
O programa de alimentación de verán do Concello de Pontevedra atendeu 243 menores de 125 familias, un 38% máis dos previstos. O goberno local fixo balance este mércores do plan, que consistía na entrega semanal dunha compra a cada familia realizada nun supermercado local.
O goberno de Lalín diríxese ao Ministerio de Exteriores para ofrecer instalacións municipais como punto de acollida de refuxiados. “Non podemos permanecer de brazos cruzados ante esta crise humanitaria intolerable", di o alcalde, Rafael Cuiña, que ofrece habilitar "o albergue de Mouriscade ou algunhas zonas do antigo pavillón"
Milagros Otero Parga tomou posesión este mediodía como nova Valedora do Pobo.
O Sindicato Labrego Galego participa este mércores no Parlamento Europeo no seminario Impacto da liberalización do sector lácteo en Europa: Que futuro?, promovido polos eurodeputados Lidia Senra (AGEe), Josu Juaristi (EH Bildu) e a finesa Merja Kyllönen (Left Alliance), todos do grupo GUE/NGL.
Galicia rexistra 2.639 inscricións menos no desemprego en agosto. O paro rexistrado queda en 213.732 persoas, un 9,79% menos que hai un ano. No conxunto do Estado rexistrouse unha suba intermensual do 0,54% e unha baixada interanual do 8,13%. No mesmo período a afiliación á Seguridade Social aumentou en 5.317 persoas (+0,56%) e o incremento interanual é do 2,29%. Máis información, hoxe en Praza.
Este mércores comeza a folga no Diario de Ferrol, provocada polos últimos despedimentos. O persoal do grupo La Capital apoia a mobilización no xornal ferrolán e pide azos ao conxunto da cidadanía.
A Iniciativa Pola Unión celebrou este martes o seu acto de presentación pública, no que chamou á "unidade" para a conformación dunha candidatura galega. No evento tamén participaron representantes do Encontro Cidadán por unha Marea Galega. (imaxe de Pilar Fernández).
Galicia tería que acoller apenas 300 persoas se o Estado aceptase a cota de poboación refuxiada que reclama a UE