Este mércores comeza a folga no Diario de Ferrol, provocada polos últimos despedimentos. O persoal do grupo La Capital apoia a mobilización no xornal ferrolán e pide azos ao conxunto da cidadanía.
Fálase
A Iniciativa Pola Unión celebrou este martes o seu acto de presentación pública, no que chamou á "unidade" para a conformación dunha candidatura galega. No evento tamén participaron representantes do Encontro Cidadán por unha Marea Galega. (imaxe de Pilar Fernández).
Galicia tería que acoller apenas 300 persoas se o Estado aceptase a cota de poboación refuxiada que reclama a UE
Eldiario.es analiza a reforma exprés do Constitucional coa que o PP irrompe na campaña electoral catalá. "O TC non está concibido como un xendarme de urxencia", advirte Xuíces para a Democracia.
Falece Pepa Noia, a galega que constribuíu á fundación das Nais da Praza de Maio. Faro de Vigo traza o seu perfil.
O embaixador de Xapón fala en galego ante un Feijóo que usa o castelán na sinatura dun convenio para promover conxuntamente os camiños de Santiago e o da illa nipoa de Shikoku. Varios colectivos como Prolingua censuran o "ridículo" do presidente galego.
Rafael Louzán dimite como deputado da Deputación de Pontevedra. O tamén presidente da Federación Galega de Fútbol "seguirá realizando labores de asesoramento e coordinación como presidente provincial do partido", segundo indica o PP.
O PP lanza unha reforma legal para que o Constitucional poida sancionar a Artur Mas e a Generalitat. "La broma se ha terminado", proclama o candidato do PP ás eleccións catalás, García Albiol. Recólleo eldiario.es
O PP sería a forza máis votada nas eleccións xerais, segundo unha enquisa da SER que lle outorga un 28,3% dos votos aos conservadores e algo menos dun 26% ao PSOE. O inquérito recolle un lixeiro retroceso de Podemos e outro maior de Ciudadanos.
Os recursos estatais para previr a violencia machista caeron un 26% dende 2010. Cóntao eldiario.es