Os recursos estatais para previr a violencia machista caeron un 26% dende 2010. Cóntao eldiario.es
Fálase
O incendio de Cualedro é xa o segundo maior no que vai de século, só superado polo sufrido en Cerdedo durante a gran vaga de 2006. Cóntao Faro de Vigo
O récord na chegada de turistas a Galicia cadra co descenso do emprego no sector, segundo unha reportaxe de La Voz
Santiago únese á Conferencia de Alcaldes pola Paz, a rede promovida dende Hiroshima e Nagasaki que aglutina máis de 6.700 municipios de todo o mundo.
O Concello de Lugo aproba por unanimidade unha declaración en defensa do sector lácteo. O texto subliña que os gandeiros atravesan "a maior crise da súa historia" e que esta "non se amaña con esmolas" e apoia, ademais, as mobilizacións previstas para os vindeiros días.
A Liga ACB teima en deixar o Ourense fóra da competición á que accedeu tras gañar a final da LEB Ouro fronte ao Breogán. A Asociación de Clubs de Baloncesto vai recorrer a resolución do CSD ao respecto. Vén de anuncialo nun comunicado
A Deputación Permanente do Parlamento debate hoxe a petición de comparecencia do presidente da Xunta por mor dos incendios, formulada por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
O PP gañaría hoxe as eleccións xerais pero só podería gobernar se o PSOE o apoiase nunha Gran Coalición. O estudo de Público baseado nas dez últimas grandes sondaxes outórgalle 56 escanos a Podemos.
As análises detectan Aspergillus no novo hospital de Vigo, segundo adianta GCiencia. Un informe preliminar confirma a proliferación do mesmo fungo que en 1998 provocou a morte de seis persoas no Meixoeiro. Mäis información, hoxe en Praza.
A Seguridade Social queda co 89% das cotizacións de paro dos autónomos. Tan só o 11% do cotizado polos profesionais para cubrirse ante un cesamento de actividade convértese en prestacións de desemprego.