A Deputación Permanente do Parlamento debate hoxe a petición de comparecencia do presidente da Xunta por mor dos incendios, formulada por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55e4266fedb59-53fdf04f08f64-bwcoxhkcyaelfrj.jpg)
A Deputación Permanente do Parlamento debate hoxe a petición de comparecencia do presidente da Xunta por mor dos incendios, formulada por AGE e BNG. A información, hoxe en Praza.
O PP gañaría hoxe as eleccións xerais pero só podería gobernar se o PSOE o apoiase nunha Gran Coalición. O estudo de Público baseado nas dez últimas grandes sondaxes outórgalle 56 escanos a Podemos.
As análises detectan Aspergillus no novo hospital de Vigo, segundo adianta GCiencia. Un informe preliminar confirma a proliferación do mesmo fungo que en 1998 provocou a morte de seis persoas no Meixoeiro. Mäis información, hoxe en Praza.
A Seguridade Social queda co 89% das cotizacións de paro dos autónomos. Tan só o 11% do cotizado polos profesionais para cubrirse ante un cesamento de actividade convértese en prestacións de desemprego.
Rajoy advirte de que "o peor para España é unha coalición do PSOE con extremistas". O presidente do Goberno central carga contra as mareas e os socialistas en Soutomaior.
Praza.gal non se actualiza nas fins de semana de agosto por descanso do persoal. Lémonos o luns!
Este sábado celébrase en Cumbraos (Monterroso) o Festival Agrogay da Ulloa. A organización lembra que un microbús facilitará cada media hora o desprazamento dende Monterroso á zona do festival.
As eleccións gregas celebraranse o 20 de setembro. Ata esa data dirixirá o país un Goberno interino, como marca a legalidade en caso de dimisión do primeiro ministro. Recólleo eldiario.es
Navantia levou a cabo a botadura do flotel de Pemex, que aínda está por rematar. O buque que se constrúe en Ferrol para a empresa mexicana era un dos compromisos asumidos pola Xunta, que prometera moito máis traballo e encargos dos que finalmente se realizan. Pemex especifica que a construción está ao 65% e que o barco será "concluido e entregado a mediados do vindeiro ano" Foto: @ferrol360
Compromiso por Galicia anuncia a convocatoria dunha convención nacional na que a súa militancia decidirá "a fórmula de concorrencia" do partido ás vindeiras eleccións xerais.