Compromiso por Galicia anuncia a convocatoria dunha convención nacional na que a súa militancia decidirá "a fórmula de concorrencia" do partido ás vindeiras eleccións xerais.
Fálase
Os alcaldes da Coruña e Santiago participan o vindeiro día 4 no encontro de 'Cidades polo ben común' organizado dende Barcelona en Comú. Nos actos aos que acudirán Xulio Ferreiro e Martiño Noriega participan tamén os rexedores e rexedoras de Badalona, Cádiz, Pamplona, Madrid e Zaragoza.
O Encontro Cidadán por unha Marea Galega remata a elección da súa nova coordinadora. Estará composta por Marilar Aleixandre, Quique Costas, Gonzalo Rodríguez, Miguel Anxo Fernán Vello, Einés Monteagudo, Patricia Carballal e Carmen Santos. Os resultados completos da votación pódense consultar na súa web.
A depuradora de Ferrol non depurou "un só metro cúbico de auga" malia estar teoricamente operativa dende 2014. Vén de anuncialo o goberno local. Recólleo Ferrol 360
Paralizados os traslados ao novo hospital de Vigo, segundo confirman os sindicatos. Máis información, hoxe en Praza.
Austria eleva a máis de 70 o número de refuxiados mortos nun camión frigorífico. Viaxaban de forma irregular polo país nun vehículo atopado perto da fronteira de Hungría.
A Garda Civil rexistra a fundación de Convergència por comisións ilegais do 3%. Anticorrupción investiga se a construtora Teyco pagou por adxudicacións de obras.
A Xunta exixe salvar os núcleos rurais do veto a construír en zonas inundables. Reclama a Madrid permitir certa actividade urbanística en asentamentos urbanos das zonas rurais.
Decenas de mortos nun novo naufraxio no Mediterráneo. Unhas 30 persoas terían falecido ao quedar atrapadas na bodega dunha embarcación.
Instagram anuncia que a aplicación permitirá compartir fotografías verticais e horizontais e non unicamente cadradas, como ata agora. Explícano no seu blog e detállao Mallandroid.