O Concello de Lugo aproba por unanimidade unha declaración en defensa do sector lácteo. O texto subliña que os gandeiros atravesan "a maior crise da súa historia" e que esta "non se amaña con esmolas" e apoia, ademais, as mobilizacións previstas para os vindeiros días.
