O proxecto de porto seco en Salvaterra-As Neves recibe un novo investimento de 16 millóns de euros para revivir as súas opcións. Iniciado no ano 2000, neste tempo recibiu ao redor de 100 millóns de euros sen chegar a estar operativo.
Fálase
Cesan os dous delegados de Ciudadanos en Galicia. Un deles, José Canedo, xa fora candidato de UPyD nas eleccións galegas.
A directora de Turismo de Galicia xustifica o gasto da Xunta no vídeo de Enrique Iglesias porque está a ter moitos “gústame e retweets” nas redes sociais. En resposta á deputada do BNG Carme Adán, Nava Castro evitou revelar as condicións concretas do contrato coa produtora do artista. Turismo de Galicia vén de facer público un comunicado ao respecto, no que vén indicar que cada reprodución en YouTube corresponde a unha persoa distinta. Descarga do comunicado íntegro.
Ruz impón unha fianza de 245.000 euros ao PP pola súa participación na Gürtel. O maxistrado senta non banco dos acusados 40 persoas para as que solicita fianza de 449 millóns.
Feijóo defende agora que o vídeo de Enrique Iglesias pagado pola Xunta "ten máis visitas nunha semana que todas as campañas de promoción das 17 comunidades autónomas xuntas", un "dato incuestionable" que, ao seu xuízo, xustifica o gasto. Na montaxe Galicia aparece durante apenas 40 segundos.
A Casa da Xuventude dos anos 80, berce do Ourense cultural de hoxe. A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo acolleu a presentación da tese de doutoramento de Millán Brea, que analiza o papel da Casa da Xuventude como experiencia histórica de educación social, centrándose na etapa transcorrida entre 1978 e 1992. Brea destaca a importancia do espazo como “epicentro do movemento xuvenil” da época
Susana Díaz quedaría a once escanos da maioría absoluta en Andalucía, segundo unha enquisa do CIS. O PP perdería 16 asentos e Podemos entraría no Parlamento con 21-22.
Interior sabía que os ultras do Frente Atlético quedaran antes do partido no día que foi asasinado o afeccionado deportivista Jimmy. Así llo asegurou o Ministerio ao BNG nunha resposta parlamentaria.
O SERGAS considera "errática" a política de persoal de Povisa, aínda que asegura que cumpre co concerto. O hospital privado vigués recibe 75 millóns anuais da Xunta. No conflito da Comisión de Bioética, da que dimitiron 7 dos seus 17 membros, Núñez Feijoo elude apoiar a conselleira Rocío Mosquera.